A miña lista de blogs

  • STOP MOTION - Neste apartado imos publicar as creacións do alumnado. Preme sobre o título que queiras ver O TARDO O PAPAORELLAS A COVA DA MOURA
    Hai 2 anos
  • TUIA - NOMES: GALEGO: Tuia CIENTÍFICO: Thuja CASTELÁN: Tuya CATALÁN: Tuia EUSKERA: Thuja O termo galego tuia vén do grego: *θυία* (nome que lle dab...
    Hai 9 anos
  • MAQUETA DO FORTE DE SAN LOURENZO - Este forte ten un gran enraizamento na zona e polo tanto, decidimos que sería motivante para o noso alumnado empezar o proxecto facendo unha maqueta do fo...
    Hai 10 anos

mércores, 15 de xaneiro de 2014

MULLERES

 A igualdade entre a muller e o home é algo que aínda hoxe en día está por conseguir. Proba disto son os datos sobre a dificultade das mulleres para acceder a certos traballos, o baixo número de mulleres en postos directivos e a consideración de moitos homes de que a muller é un obxecto da súa posesión.

  Pero non sempre estiveron as mulleres en situación tan avanzada coma a que agora vivimos, tiveron que loitar para acadar este estatus.
 Imos propoñervos realizar un traballo mediante webquest para que coñezades un pouco mellor a traxectoria da muller no pasado século XX, e sobre todo das mulleres galegas. Durante moitos anos non figuraban nos avances científicos e o seu dominio relegábase as casas, ao traballo doméstico.

  Se premedes na frase inferior entraredes de cheo nese traballo.    Seguro que aprendedes moito.