A miña lista de blogs

  • STOP MOTION - Neste apartado imos publicar as creacións do alumnado. Preme sobre o título que queiras ver O TARDO O PAPAORELLAS A COVA DA MOURA
    Hai 2 anos
  • TUIA - NOMES: GALEGO: Tuia CIENTÍFICO: Thuja CASTELÁN: Tuya CATALÁN: Tuia EUSKERA: Thuja O termo galego tuia vén do grego: *θυία* (nome que lle dab...
    Hai 9 anos
  • MAQUETA DO FORTE DE SAN LOURENZO - Este forte ten un gran enraizamento na zona e polo tanto, decidimos que sería motivante para o noso alumnado empezar o proxecto facendo unha maqueta do fo...
    Hai 9 anos

martes, 8 de abril de 2008

GOIÁN O FORTE

Facer grupos de 3 antes de empezar o traballo.
Tendes que contestar as preguntas nunha páxina de “Word” ou de “OpenOffice.org Writer”, poñendo o Nome dos que compoñen o grupo, páxina que logo gardaredes no voso cartafol.
Imos investigar na historia de Goián, para eso tedes que aprender a traballar con arquivos en formato PDF. Estes arquivos son utilizados en Internet para publicar folletos pois ocupan pouco espacio. O programa para poder leelos é gratuito: Adobe Acrobat Reader, e descárgase con facilidade dende a páxina http://www.adobe.com/es/products/acrobat/readstep2.html

O pasado de Goián está unido a Guerra de Restauración Portuguesa. Para que poidas entender esta situación busca as respostas as seguintes preguntas:

1) ¿A qué se chama a Guerra de Restauración Portuguesa, entre que datas aconteceu e como se chama o tratado que deu fin a esta guerra?.
2) ¿Cal era o nome do nobre portugués que o proclamarse rei declarou a independencia de Portugal?.
3) Como se chama a fortaleza que está protexendo a desembocadura do Miño
4) Onde se atopan os fortes :
- San Luíz Gonzaga
- Torre dos Ratos
- Forte de Santiago Carrillo
- Forte das Chagas
- Forte de Nosa Senhora da Concepción
- Castelo de Santa Cruz
- Torre das Chagas
5) Consigue un plano das fortalezas de Goián.
- Cómo se chamaba o portugués que mandou construir o Forte de Nosa Senhora da Concepción
6) Durante cantos anos estuvo ocupado Goián polos portugueses.

Para encontras as respostas podes visitar entre outras as seguintes páxinas:

http://es.wikipedia.org/wiki/Portada
http://media.culturaedeporte.org/cultura/PATRIMONIO/Fortalezas.pdf