A miña lista de blogs

  • STOP MOTION - Neste apartado imos publicar as creacións do alumnado. Preme sobre o título que queiras ver O TARDO O PAPAORELLAS A COVA DA MOURA
    Hai 2 anos
  • TUIA - NOMES: GALEGO: Tuia CIENTÍFICO: Thuja CASTELÁN: Tuya CATALÁN: Tuia EUSKERA: Thuja O termo galego tuia vén do grego: *θυία* (nome que lle dab...
    Hai 9 anos
  • MAQUETA DO FORTE DE SAN LOURENZO - Este forte ten un gran enraizamento na zona e polo tanto, decidimos que sería motivante para o noso alumnado empezar o proxecto facendo unha maqueta do fo...
    Hai 9 anos

venres, 28 de novembro de 2008

XOGOS

Neste apartado do caderno, podedes acceder a xogos que periodicamente iremos engadindo e renovando.
MANEXO DO RATO E INFANTIL: 
Estes son da Junta de Castilla y León
AS RAS 

CRUZAR O RÍO  instruccións:
1 - todo o mundo ten que cruzar o río utilizando a balsa.
2 - A balsa só ten capacidade para dúas persoas.
3 - Os únicos que saben manexar a balsa son a nai, o pai e o poli. Sen un deles abordo, a balsa non se move.
4 - O pai non pode permanecer con ningunha das súas fillas sen que estea presente a nai.
5 - A nai non pode permanecer con ningún dos seus fillos sen que estea presente o pai.
6 - O ladrón non pode permanecer con ningún membro da familia sen a presenza do policía.

Para mover as persoas fai click sobre eles.
Para que a balsa cruce o río fai click sobre as pancas vermellas.

Para iniciar o xogo preme no botón redondo azúl.

MÁIS XOGOS DE LÓXICA

PASAPALABRA 

CIFRAS E LETRAS
 
RACE

NADAR  (USA AS FRECHAS)



Se gustas da pintura, xoga con esta proposta do museo Thyssen de Madrid: O MISTERIO DAS OLLADAS
BIBLIOTECA

EDUCATIVOS SM 


O DETECTIVE 

VIAXE AO CASTELO 

OCA DAS CIENCIAS 


CIENTÍFICO SABIO

MISTERIO NO XARDÍN BOTÁNICO: Instruccións
LE PRIMEIRO O XORNAL COA NOTICIA, LOGO PULSA O X 
Fai clic co rato sobre cada un dos sospeitosos e verás unha ficha coa súa descrición. Para acceder a cada un dos xogos pica sobre as pistas que aparecen no debuxo; hai sete diferentes. Se non atopas todas as pistas podes acceder á Pantalla de Pistas facendo clic sobre a lupa que se atopa na parte inferior dereita da pantalla. Se pulsas sobre o bloc de notas que hai na parte superior esquerda accederás ao Panel de Reconto. Nesta pantalla verás os sospeitosos relacionados con cada un dos xogos que haxas resolvido. Para volver á páxina de inicio pulsa sobre a frecha que hai na parte inferior esquerda. 

xoves, 20 de novembro de 2008

O GUERNICA


Hoxe 20 de novembro fai 33 anos que morreu Francisco Franco Bahamonde, que logo dun golpe de estado contra o goberno da República Española, proclamouse Caudillo de España.
Durante a guerra civil española produciuse o bombardeo de Guernica por parte da aviación alemana que apoiaba a Franco. Foi unha masacre e Guernica quedou totalmente destrozada.
O pintor malagueño , Pablo Picasso, que vivia en París o enterarse da nova pola prensa quedou tan impresionado que pintou un cadro chamado “Guernica” e que agora se expón en Madrid no museo Reina sofía.
Tendes que averiguar :
- As medidas do cadro
- Ano en que foi presentadoe cal foi a Exposición Universal donde se presentou.
- Cidade de Galiza na que viviu Pablo Picasso
- Quen foi Manuel de Falla
Unha vez que teñades rematado o traballo podedes ver o seguinte documento creado pola artista Lena Gieseke , facendo unha recreación do cadro en 3D e usando unha Nana de Manuel de Falla.

domingo, 18 de maio de 2008

APRECIAMOS O ARTE NA ARQUITECTURA

Para introducirnos na historia do arte, imos empregrar os seguintes enlaces:
- Arquitectura románica:

http://www.eniac.es/usuarios/juanf/arquitec.htm

http://recursos.pnte.cfnavarra.es/~alacalle/material.htm


- Arquitectura gótica:

http://www.arteguias.com/gotica.htm

http://aula2.elmundo.es/aula/laminas.html (elixe Catedral gótica)

- Diccionario de Arte:

· http://ieselaza.educa.aragon.es/coment.htm



Estes enlaces utilizaralos para contestar as seguintes preguntas.

1) Indica os séculos representativos dos seguintes ordes artísticos:
a. Románico
b. Gótico
c. Barroco


2) Busca a planta dunha igrexa románica e define os seguintes conceptos:

a. Girola

b. Transepto

3) Define os seguintes elementos do Gótico

a. Gárgola

b. Rosetón

martes, 6 de maio de 2008

BALONCESTO

Traballamos hoxe unha webquest sobre baloncesto, como as actividades son moitas, faremos somentes as tarefas 1,2 e3. O remate tendes que entregar o traballo en Word ou OpenOffice Writer.
O enlace é : http://phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=22014&id_pagina=1

Para tomar un pouco de aire antes de empezar podedes ver estes vídeos , ¡que disfrutedes¡



martes, 8 de abril de 2008

GOIÁN O FORTE

Facer grupos de 3 antes de empezar o traballo.
Tendes que contestar as preguntas nunha páxina de “Word” ou de “OpenOffice.org Writer”, poñendo o Nome dos que compoñen o grupo, páxina que logo gardaredes no voso cartafol.
Imos investigar na historia de Goián, para eso tedes que aprender a traballar con arquivos en formato PDF. Estes arquivos son utilizados en Internet para publicar folletos pois ocupan pouco espacio. O programa para poder leelos é gratuito: Adobe Acrobat Reader, e descárgase con facilidade dende a páxina http://www.adobe.com/es/products/acrobat/readstep2.html

O pasado de Goián está unido a Guerra de Restauración Portuguesa. Para que poidas entender esta situación busca as respostas as seguintes preguntas:

1) ¿A qué se chama a Guerra de Restauración Portuguesa, entre que datas aconteceu e como se chama o tratado que deu fin a esta guerra?.
2) ¿Cal era o nome do nobre portugués que o proclamarse rei declarou a independencia de Portugal?.
3) Como se chama a fortaleza que está protexendo a desembocadura do Miño
4) Onde se atopan os fortes :
- San Luíz Gonzaga
- Torre dos Ratos
- Forte de Santiago Carrillo
- Forte das Chagas
- Forte de Nosa Senhora da Concepción
- Castelo de Santa Cruz
- Torre das Chagas
5) Consigue un plano das fortalezas de Goián.
- Cómo se chamaba o portugués que mandou construir o Forte de Nosa Senhora da Concepción
6) Durante cantos anos estuvo ocupado Goián polos portugueses.

Para encontras as respostas podes visitar entre outras as seguintes páxinas:

http://es.wikipedia.org/wiki/Portada
http://media.culturaedeporte.org/cultura/PATRIMONIO/Fortalezas.pdf

domingo, 24 de febreiro de 2008

WEBQUEST

INTRODUCIÓN
 

A tarefa de hoxe é facer unha Webquest. Ou sexa un traballo de investigación.

Un do grupo ten que abrir un documento de Drive que compartirá con todos e nel teredes que poñer o voso nome e debaixo os datos que se vos solicita.

Primeiro cada un busca os datos relativos a súa data de nacemento e vaino escribindo nun documento de Libreofice que terá por título o nome de cada un.

Cando teña recollidos todos os datos no Libreofice pegaraos no Drive. Se algún compañeiro non acabou podemos axudarlle a buscar os seus datos.

TAREFA 

- Busca o significado do teu nome e o dos teus pais

- Busca tres acontecementos de un día como o do teu nacemento, non ten que ser o mesmo ano. Elixe un deles e conta brevemente en que consistiu.

- Atopa cinco personaxes famos@s que naceran o mesmo día que ti (non o mesmo ano). Elixe un e explica cal é o motivo da súa fama

- Busca cales foron os éxitos do deporte español no ano que naciches, elixe un e explica quen o levou a cabo.

- Busca cal foi a película que levou o premio Goya a mellor película o ano do teu nacemento e descobre cal foi o seu actor ou actriz principal.

 

 RECURSOS


Para axudar achégovos estes enlaces, se non atopades neles o que buscades podedes usar o buscador de Google. 

NOMES

PREMIOS PRÍNCIPE DE ASTURIAS

EFEMÉRIDES 1

EFEMÉRIDES 2

PREMIOS GOYA

ÉXITOS DO DEPORTE ESPAÑOL 

 

AVALIACIÓN

 

Cando teñades cuberto o documento de Drive cos datos de tod@s @s do grupo avisaredes. Procederemos entre todos a comprobar se están ben cubertos.

domingo, 10 de febreiro de 2008

TRASNOS LARPEIROS

Imos investigar para ver se descubrimos algúns culpables nun caso de larpeiros-mentireiros:

Nunha saída de Taraes, @s alumn@s de terceiro decidiron pasear pola ribeira do río. Nun intre de descanso preto das antigas instalacións das areeiras, fronte a Depuradora de Augas (EDAR), pararon a descansar e merendar o que tiñan preparado da casa. Houbo algún que traía comida de sobra e repartiu con algún compañeiro, outras comeron o seu e axudaron a rematar a merenda ós mal comedores. Algún ou algunha, iso teremos que adiviñalo, comeu a merenda que traía Amaya, nun segundo (ou minuto) en que se despistou mirando para un paxaro moi bonito, un paporroibo que viu pousado na ponla dun bidueiro.

Como todos sabedes este grupo é moi leante e gusta moito de enganar os que falan con eles. Termos pois que estar moi atentos e investigar para saber cal deles dixo a verdade sobre o ocorrido coa merenda. Eu póñovos o que me contestaron os que estaban máis preto da merenda de Amaya:

- Amaya asegura que trouxera da casa unha torrada con marmelada de laranxas amargas.

- Teo dixo que comera a súa maza e que probara un anaco da merenda de Marisa pero que non notara ningún sabor amargo.

- Sergio asegura que comeu o seu bocadillo de nocilla, e probou coa punta da lingua un anaco da merenda de Milagros, pero como tiña os ollos pechos, pois xogaban a comer cos ollos vendados, notou o amargor na metade da lingua, polo que pensa que Milagros foi quen colleu a merenda de Amaya.

- Marisa di que estaba con Sergio cando Amaya falaba do paxaro, pero que non sabe se o anaco de merenda que lle pasou Gabriel era doce ou amarga pois tiña queimada a punta da lingua da leite quente do almorzo.

- Nawal asegura estaba mirando para o paporroibo dende o outro lado da estrada e que collera unha folla da ponla do bidueiro de cor verde con forma de corazón e picos de serra todo ó redor.

- Antoni asegura que non puido ser el, pois estaba dicíndolle a Davíd que non está ben empurrar ós compañeiros.

- Gabriel di que el non puido ser pois estaba con Amaya falado do bonito que era o pico marelo do paporroibo.



PISTAS


Nesta historia hai polo menos 3 mentireiros, para axudarte a descubrilos preme nos seguintes enlaces:

bidueiro

sabores
Paporroibo

xoves, 31 de xaneiro de 2008

ENTROIDO

Se queredes ter información sobre o Entroido aquí tendes algunhas páxinas :


Coordinadora dos equipos de Normalización

LIM SOBRE O ENTROIDO

Salcedo: (nesta tendes un video e fotos).

XOGOS: algúns xogos co antroido como tema







webquest do antroido

mércores, 30 de xaneiro de 2008

OPERACIÓNS

NUMERACIÓN:
(recoñecemento de números ata o 10)
bombillas

 
cestas


asociar número cantidad 

contar ata 5

contador

 


TÁBOAS DE MULTIPLICAR




O rato e as táboas


XERADORES DE OPERACIÓNS
Xerador en LIM de Fran Macías

DIVISIÓNS 
 
 
 
 


DIVISIBILIDADE


MÚLTIPLOS  I

CÁLCULO DE MÚLTIPLOS

CALCULADORA - MÚLTIPLOS E DIVISORES

 



MCM

 

MÍNIMO COMÚN MÚLTIPLO 

  MÍNIMO COMÚN MÚLTIPLO I




DECIMAIS



OS DECIMAIS

DIVIDIR POR UNIDADE SEGUIDA DE CEROS  








EUROS





UNIDADES DE MEDIDA



Múltiplos do metro

 


 

EXPRESIÓNS NUMÉRICAS 

EXPRESIÓNS NUMÉRICAS 

 

PRACTICAR TODAS AS OPERACIÓNS:

ENCADENADOS (CÁLCULO MENTAL)

OPERA E COMPARA




 

 RAÍZ CADRADA


 

PROBLEMAS

Problemas con números naturais



 

NÚMEROS ENTEIROS 

XOGOS DE MATEMÁTICAS POR CURSOS
Empezamso xogando coas páxinas da Junta de Castilla y León, preme sobre o curso: