A miña lista de blogs

  • STOP MOTION - Neste apartado imos publicar as creacións do alumnado. Preme sobre o título que queiras ver O TARDO O PAPAORELLAS A COVA DA MOURA
    Hai 2 anos
  • TUIA - NOMES: GALEGO: Tuia CIENTÍFICO: Thuja CASTELÁN: Tuya CATALÁN: Tuia EUSKERA: Thuja O termo galego tuia vén do grego: *θυία* (nome que lle dab...
    Hai 9 anos
  • MAQUETA DO FORTE DE SAN LOURENZO - Este forte ten un gran enraizamento na zona e polo tanto, decidimos que sería motivante para o noso alumnado empezar o proxecto facendo unha maqueta do fo...
    Hai 10 anos

domingo, 10 de febreiro de 2008

TRASNOS LARPEIROS

Imos investigar para ver se descubrimos algúns culpables nun caso de larpeiros-mentireiros:

Nunha saída de Taraes, @s alumn@s de terceiro decidiron pasear pola ribeira do río. Nun intre de descanso preto das antigas instalacións das areeiras, fronte a Depuradora de Augas (EDAR), pararon a descansar e merendar o que tiñan preparado da casa. Houbo algún que traía comida de sobra e repartiu con algún compañeiro, outras comeron o seu e axudaron a rematar a merenda ós mal comedores. Algún ou algunha, iso teremos que adiviñalo, comeu a merenda que traía Amaya, nun segundo (ou minuto) en que se despistou mirando para un paxaro moi bonito, un paporroibo que viu pousado na ponla dun bidueiro.

Como todos sabedes este grupo é moi leante e gusta moito de enganar os que falan con eles. Termos pois que estar moi atentos e investigar para saber cal deles dixo a verdade sobre o ocorrido coa merenda. Eu póñovos o que me contestaron os que estaban máis preto da merenda de Amaya:

- Amaya asegura que trouxera da casa unha torrada con marmelada de laranxas amargas.

- Teo dixo que comera a súa maza e que probara un anaco da merenda de Marisa pero que non notara ningún sabor amargo.

- Sergio asegura que comeu o seu bocadillo de nocilla, e probou coa punta da lingua un anaco da merenda de Milagros, pero como tiña os ollos pechos, pois xogaban a comer cos ollos vendados, notou o amargor na metade da lingua, polo que pensa que Milagros foi quen colleu a merenda de Amaya.

- Marisa di que estaba con Sergio cando Amaya falaba do paxaro, pero que non sabe se o anaco de merenda que lle pasou Gabriel era doce ou amarga pois tiña queimada a punta da lingua da leite quente do almorzo.

- Nawal asegura estaba mirando para o paporroibo dende o outro lado da estrada e que collera unha folla da ponla do bidueiro de cor verde con forma de corazón e picos de serra todo ó redor.

- Antoni asegura que non puido ser el, pois estaba dicíndolle a Davíd que non está ben empurrar ós compañeiros.

- Gabriel di que el non puido ser pois estaba con Amaya falado do bonito que era o pico marelo do paporroibo.



PISTAS


Nesta historia hai polo menos 3 mentireiros, para axudarte a descubrilos preme nos seguintes enlaces:

bidueiro

sabores
Paporroibo