INTRODUCIÓN
A tarefa de hoxe é facer unha Webquest. Ou sexa un traballo de investigación.
Un do grupo ten que abrir un documento de Drive que compartirá con todos e nel teredes que poñer o voso nome e debaixo os datos que se vos solicita.
Primeiro cada un busca os datos relativos a súa data de nacemento e vaino escribindo nun documento de Libreofice que terá por título o nome de cada un.
Cando teña recollidos todos os datos no Libreofice pegaraos no Drive. Se algún compañeiro non acabou podemos axudarlle a buscar os seus datos.
TAREFA
- Busca o significado do teu nome e o dos teus pais
- Busca tres acontecementos de un día como o do teu nacemento, non ten que ser o mesmo ano. Elixe un deles e conta brevemente en que consistiu.
- Atopa cinco personaxes famos@s que naceran o mesmo día que ti (non o mesmo ano). Elixe un e explica cal é o motivo da súa fama
- Busca cales foron os éxitos do deporte español no ano que naciches, elixe un e explica quen o levou a cabo.
- Busca cal foi a película que levou o premio Goya a mellor película o ano do teu nacemento e descobre cal foi o seu actor ou actriz principal.
RECURSOS
Para axudar achégovos estes enlaces, se non atopades neles o que buscades podedes usar o buscador de Google.
AVALIACIÓN
1 comentario:
Publicar un comentario