Imos investigar para ver se descubrimos algúns culpables nun caso de larpeiros-mentireiros:
Nunha saída de Taraes, @s alumn@s de terceiro decidiron pasear pola ribeira do río. Nun intre de descanso preto das antigas instalacións das areeiras, fronte a Depuradora de Augas (EDAR), pararon a descansar e merendar o que tiñan preparado da casa. Houbo algún que traía comida de sobra e repartiu con algún compañeiro, outras comeron o seu e axudaron a rematar a merenda ós mal comedores. Algún ou algunha, iso teremos que adiviñalo, comeu a merenda que traía Amaya, nun segundo (ou minuto) en que se despistou mirando para un paxaro moi bonito, un paporroibo que viu pousado na ponla dun bidueiro.
Como todos sabedes este grupo é moi leante e gusta moito de enganar os que falan con eles. Termos pois que estar moi atentos e investigar para saber cal deles dixo a verdade sobre o ocorrido coa merenda. Eu póñovos o que me contestaron os que estaban máis preto da merenda de Amaya:
- Amaya asegura que trouxera da casa unha torrada con marmelada de laranxas amargas.
- Teo dixo que comera a súa maza e que probara un anaco da merenda de Marisa pero que non notara ningún sabor amargo.
- Sergio asegura que comeu o seu bocadillo de nocilla, e probou coa punta da lingua un anaco da merenda de Milagros, pero como tiña os ollos pechos, pois xogaban a comer cos ollos vendados, notou o amargor na metade da lingua, polo que pensa que Milagros foi quen colleu a merenda de Amaya.
- Marisa di que estaba con Sergio cando Amaya falaba do paxaro, pero que non sabe se o anaco de merenda que lle pasou Gabriel era doce ou amarga pois tiña queimada a punta da lingua da leite quente do almorzo.
- Nawal asegura estaba mirando para o paporroibo dende o outro lado da estrada e que collera unha folla da ponla do bidueiro de cor verde con forma de corazón e picos de serra todo ó redor.
- Antoni asegura que non puido ser el, pois estaba dicíndolle a Davíd que non está ben empurrar ós compañeiros.
- Gabriel di que el non puido ser pois estaba con Amaya falado do bonito que era o pico marelo do paporroibo.
PISTAS
Nesta historia hai polo menos 3 mentireiros, para axudarte a descubrilos preme nos seguintes enlaces:
bidueiro
sabores
Paporroibo
POALLA
-
*POALLA *
*Chove, poalla *
*na miña casa orballa.*
*Chove na praza *
*a avoa vai pa casa.*
*Chuvisca na leira *
*marchamos a feira.*
*Poalla...*
*moll...
Hai 4 anos
Ningún comentario:
Publicar un comentario