A
igualdade entre a muller e o home é algo que aínda hoxe en día
está por conseguir. Proba disto son os datos sobre a dificultade das
mulleres para acceder a certos traballos, o baixo número de mulleres
en postos directivos e a consideración de moitos homes de que a
muller é un obxecto da súa posesión.
Pero
non sempre estiveron as mulleres en situación tan avanzada coma a
que agora vivimos, tiveron que loitar para acadar este estatus.
Imos
propoñervos realizar un traballo mediante webquest para que
coñezades un pouco mellor a traxectoria da muller no pasado século
XX, e sobre todo das mulleres galegas. Durante moitos anos non
figuraban nos avances científicos e o seu dominio relegábase as
casas, ao traballo doméstico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario