A miña lista de blogs

  • POALLA - *POALLA * *Chove, poalla * *na miña casa orballa.* *Chove na praza * *a avoa vai pa casa.* *Chuvisca na leira * *marchamos a feira.* *Poalla...* *moll...
    Hai 5 anos
  • TUIA - NOMES: GALEGO: Tuia CIENTÍFICO: Thuja CASTELÁN: Tuya CATALÁN: Tuia EUSKERA: Thuja O termo galego tuia vén do grego: *θυία* (nome que lle dab...
    Hai 10 anos
  • MAQUETA DO FORTE DE SAN LOURENZO - Este forte ten un gran enraizamento na zona e polo tanto, decidimos que sería motivante para o noso alumnado empezar o proxecto facendo unha maqueta do fo...
    Hai 10 anos

mércores, 9 de abril de 2014

AS ÁRBORES DO NOSO PATIO



ÁRBORES DO PATIO

Como sabedes temos moitas árbores e arbustos no patio do colexio, queremos saber un pouco máis deles xa que nos fan compaña todos os días.
Imos comezar o traballo de clasificar as árbores do noso patio, deixámosvos unha listaxe das árbores cos cursos que se interesaron en traballalas. Descargade a ficha PREMENDO SOBRE "FICHA" que aparece máis abaixo. Facede unha ficha por cada especie.

Boa sorte e non vos esquezades de poñerlle nome ao voso traballo e gardalo aos poucos para non perder información.


 
ÁRBORES E ARBUSTOS DO COLEXIO
1 THUJA- TULLA- TUYA
CUARTO
2 CAMELIO
CUARTO
3 SALGUEIRO CHORÓN
PRIMEIRO
4 LIQUIDAMBAR
TERCEIRO
5 BIDUEIRO TERCEIRO

6 AZALEA CUARTO

7 ABETO CUARTO

8 FALSO CIPRÉS e CIPRÉS
CUARTO
9 ENEBRO
CUARTO
10 MAGNOLIO GRANDIFLORA
TERCEIRO
11 ACER PALMATUM
CUARTO
12 MOREIRA
QUINTO
13 PRADAIRO
CUARTO
14 ACER CRIMSON CUARTO

15 ACER PLATANOIDES
CUARTO
16 CARBALLO
QUINTO
17 ARCE MENOR
CUARTO
18 LIRIODENDRO TERCEIRO

19 ALIGUSTRE CUARTO


mércores, 15 de xaneiro de 2014

MULLERES

 A igualdade entre a muller e o home é algo que aínda hoxe en día está por conseguir. Proba disto son os datos sobre a dificultade das mulleres para acceder a certos traballos, o baixo número de mulleres en postos directivos e a consideración de moitos homes de que a muller é un obxecto da súa posesión.

  Pero non sempre estiveron as mulleres en situación tan avanzada coma a que agora vivimos, tiveron que loitar para acadar este estatus.
 Imos propoñervos realizar un traballo mediante webquest para que coñezades un pouco mellor a traxectoria da muller no pasado século XX, e sobre todo das mulleres galegas. Durante moitos anos non figuraban nos avances científicos e o seu dominio relegábase as casas, ao traballo doméstico.

  Se premedes na frase inferior entraredes de cheo nese traballo.    Seguro que aprendedes moito.