Hoxe 20 de novembro fai 33 anos que morreu Francisco Franco Bahamonde, que logo dun golpe de estado contra o goberno da República Española, proclamouse Caudillo de España.
Durante a guerra civil española produciuse o bombardeo de Guernica por parte da aviación alemana que apoiaba a Franco. Foi unha masacre e Guernica quedou totalmente destrozada.
O pintor malagueño , Pablo Picasso, que vivia en París o enterarse da nova pola prensa quedou tan impresionado que pintou un cadro chamado “Guernica” e que agora se expón en Madrid no museo Reina sofía.
Tendes que averiguar :
- As medidas do cadro
- Ano en que foi presentadoe cal foi a Exposición Universal donde se presentou.
- Cidade de Galiza na que viviu Pablo Picasso
- Quen foi Manuel de Falla
Unha vez que teñades rematado o traballo podedes ver o seguinte
documento creado pola artista Lena Gieseke , facendo unha recreación do cadro en 3D e usando unha Nana de Manuel de Falla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario